Bo día!
Onte recibimos a visita dun nubeiro que veu montado nun nubinete, un patinete para nubeiros.
O nubeiro chámase Anxo Moure e compartiu con nós unha chea de historias sobre os nubeiros, as xacias e outros seres máxicos. Aprendimos con el moitas palabras novas e recordamos a importancia de coidar dos nosos bosques, montes e ríos.
Coñecía todos os nomes das árbores! E contounos como fora a súa viaxe ata Padrón, que está ben lonxe da súa casa.
Encantounos que viñera! Xa pasaran anos dende a súa anterior visita. Mentres esperamos pola seguinte, podedes seguir a ler os seus libros. Temos un bo feixe deles na biblioteca!





Comentarios
Publicar un comentario