Publicacións

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Bo día! Hoxe, 2 de abril, é o Día Internacional do Libro Infantil e, como cada ano, dende 1966, festéxase tendo un país como anfitrión.   Este ano é Xapón e dende alí chega este cartel ilustrado por Nana Furiya e esta mensaxe de Eiko Kadono . _________________________________ Sobre as alas, os contos viaxan.  Desexando sentir o latexo do teu corazón. Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.  Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas. E outras nas aliñas dun gran de area.  Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.  E, de cando en vez, incluso nas dos avións.  Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.  Quizais unha historia fantástica?  Ou prefires unha historia triste?  De medo?  Unha para rir ás gargalladas?  E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada. Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir: «Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lad

POESÍA RIMA CON METEOROLOXÍA

A BANDA DESEÑADA

OS CONTOS DE MEMI

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

TEATRO EN FEMININO

VIVA ROSALÍA!

NO DÍA DA ILUSTRACIÓN, DEBUXA A CASTELAO

POLO DÍA DA PAZ