ASTERIX E OS PICTOS. Jean-Yves Ferri e Didier Conrad

 "ESTAMOS NO ANO 50 ANTES DE XESUCRISTO. TODA A GALIA ESTÁ OCUPADA POLOS ROMANOS... TODA? NON! UNHA ALDEA POBOADA POR IRREDUTIBLES GALOS RESISTE AÍNDA E SEMPRE AO INVASOR. E A VIDA NON É DOADA PARA AS GUARNICIÓNS DE LEXIONARIOS ROMANOS NOS REDUCIDOS CAMPAMENTOS DE BABAORUM, ACUARIUM, LAUDANUM E PETIBONUM..."


Como xa sabedes, deste xeito, con este parágrafo, comezan todos os cómics de Astérix e, encima do texto, o mapa de Francia cunha lupa sobre unha esquiniña da parte norte. É precisamente o que di nesta primeira páxina a que me namorou das historias dos galos. Pola súa capacidade de resistencia ás invasións, pola loita por manter a súa identidade, porque é un incio que abre as portas a moitísimas aventuras e porque con eles, a diversión está garantida.

Agora, Astérix e os demais volven a falar galego grazas á editorial Xerais. "Astérix e os Pictos" é o nome do novo volume que viu a luz nas librarías o 24 de outubro e que foi traducido a máis de vinte idiomas. Xavier Senín e Isabel Soto encárganse da versión en galego e da castelá para a editorial Salvat.


Unha curiosidade importante: René Goscinny (autor) e Albert Uderzo (ilustrador) foron os seus creadores. O primeiro faleceu en 1977 e o segundo ocupouse de continuar en solitario coas historias ata que en 2011 anunciou a súa retirada. Por iso, o propio Uderzo elixiu aos continuadores da serie. Serán o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad, quenes se enfrontan a un grande reto con este primeiro número.



FICHA TÉCNICA:
  • Editorial Xerais.
  • Papel
  • 22,5 x 29,5 cm
  • Cartonado
  • 48 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9914-534-1
  • Código: 1352201
  • 12,40€ IVE non incluído
  • 12,90€ IVE incluído
  • Setembro 2013

 




Comentarios

Publicar un comentario