"ESTAMOS NO ANO 50 ANTES DE XESUCRISTO. TODA A GALIA ESTÁ OCUPADA POLOS ROMANOS... TODA? NON! UNHA ALDEA POBOADA POR IRREDUTIBLES GALOS RESISTE AÍNDA E SEMPRE AO INVASOR. E A VIDA NON É DOADA PARA AS GUARNICIÓNS DE LEXIONARIOS ROMANOS NOS REDUCIDOS CAMPAMENTOS DE BABAORUM, ACUARIUM, LAUDANUM E PETIBONUM..."
Como xa sabedes, deste xeito, con este parágrafo, comezan todos os cómics de Astérix e, encima do texto, o mapa de Francia cunha lupa sobre unha esquiniña da parte norte. É precisamente o que di nesta primeira páxina a que me namorou das historias dos galos. Pola súa capacidade de resistencia ás invasións, pola loita por manter a súa identidade, porque é un incio que abre as portas a moitísimas aventuras e porque con eles, a diversión está garantida.
Agora, Astérix e os demais volven a falar galego grazas á editorial Xerais. "Astérix e os Pictos" é o nome do novo volume que viu a luz nas librarías o 24 de outubro e que foi traducido a máis de vinte idiomas. Xavier Senín e Isabel Soto encárganse da versión en galego e da castelá para a editorial Salvat.
Unha curiosidade importante: René Goscinny (autor) e Albert Uderzo (ilustrador) foron os seus creadores. O primeiro faleceu en 1977 e o segundo ocupouse de continuar en solitario coas historias ata que en 2011 anunciou a súa retirada. Por iso, o propio Uderzo elixiu aos continuadores da serie. Serán o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad, quenes se enfrontan a un grande reto con este primeiro número.
FICHA TÉCNICA:

- Editorial Xerais.
- Papel
- 22,5 x 29,5 cm
- Cartonado
- 48 Páxinas
- I.S.B.N.: 978-84-9914-534-1
- Código: 1352201
- 12,40€ IVE non incluído
- 12,90€ IVE incluído
- Setembro 2013
Ef .sintoo moito pero Axterix e Obelix non me gustan
ResponderEliminarNon pasa nada, non tes que sentilo. Os gustos son os gustos. A ver se atopas algo por aquí que che guste.
ResponderEliminara verdade é que a min me gustan mais en galego
ResponderEliminarMolan en galego.
ResponderEliminarxa si que e verdade
ResponderEliminarGustame moitisimo
ResponderEliminarGrazas Álex!
ResponderEliminar