KATACHI. Video de Kijek/Adamski para unha canción de Shugo Tokumaru




Shugo Tokumaru é un destacado músico xaponés que mestura folk, electrónica e pop, pero en realidade, non vos escribo hoxe por el, senón máis ben polo traballo que lle fixeron Kijek/Adamski, uns artistas polacos chamados Katarzyna Kijek y Przemysław Adamski. Estes dous xoves levaron a cabo un impresionante traballo de animación coa técnica de stop-motion. "E que é iso?" - vos preguntaredes algúns.

O stop-motion consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos (parados) por medio da sucesión de imaxes fixas. 

Os creadores falaban acerca do proceso de elaboración do video do seguinte xeito: "Cada vez que colocábamos unha silueta, facíamos unha foto, retrocedíamos a cámara medio centímetro (que é o grosor de cada silueta) para colocar a seguinte figura. Ao final da rodaxe, tíñamos unha estrutura duns dez metros de longo".

Ata dúas mil siluetas de PVC deseñadas e recortadas por eles mesmos e colocadas sobre o chan para facerlles as fotos que posteriormente formarán o video.

Unha tarefa con moitísimo traballo detrás para un resultado de pouco máis de tres minutos de video, iso sí, moi, moi desfrutables. 

Agardo que vos guste tanto coma min.

Aquí o tedes:






Comentarios

  1. Ef soi Elisa de 2b me encanto el libro de manualidades

    ResponderEliminar
  2. Impresionante! E con moito traballo.

    ResponderEliminar
  3. gustoume moito! Magnífico!

    ResponderEliminar
  4. son xairo de sexto a iso e increíble nn teño palabras

    ResponderEliminar
  5. Gracias Lucas e Jairo. Alégrome de que vos gustara e de que vos animárades a comentar.

    ResponderEliminar
  6. Hola soy marta garcia la de 4B e digo que me en átono se ni como explucarlo

    ResponderEliminar
  7. Creo que querías dicir que che encantou e que non sabes como explicalo?

    ResponderEliminar
  8. Creo que querías dicir que che encantou e non sabes como explicalo? É iso?

    ResponderEliminar
  9. hola! soy uxía de 3 B, este vidio esta muy bien a mi me gusta

    ResponderEliminar
  10. Canto gastará en cartulinas e en tempo!

    ResponderEliminar
  11. E CONPLICADO FACELO ASI E MATES981

    ResponderEliminar
  12. eso debeu de costar traballo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario