Shugo Tokumaru é un destacado músico xaponés que mestura folk, electrónica e pop, pero en realidade, non vos escribo hoxe por el, senón máis ben polo traballo que lle fixeron Kijek/Adamski, uns artistas polacos chamados Katarzyna Kijek y Przemysław Adamski. Estes dous xoves levaron a cabo un impresionante traballo de animación coa técnica de stop-motion. "E que é iso?" - vos preguntaredes algúns.
O stop-motion consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos (parados) por medio da sucesión de imaxes fixas.
Os creadores falaban acerca do proceso de elaboración do video do seguinte xeito: "Cada vez que colocábamos unha silueta, facíamos unha foto, retrocedíamos a cámara medio centímetro (que é o grosor de cada silueta) para colocar a seguinte figura. Ao final da rodaxe, tíñamos unha estrutura duns dez metros de longo".
Ata dúas mil siluetas de PVC deseñadas e recortadas por eles mesmos e colocadas sobre o chan para facerlles as fotos que posteriormente formarán o video.
Unha tarefa con moitísimo traballo detrás para un resultado de pouco máis de tres minutos de video, iso sí, moi, moi desfrutables.
Agardo que vos guste tanto coma min.
Aquí o tedes:
Ef soi Elisa de 2b me encanto el libro de manualidades
ResponderEliminarGuai Elisa! Gracias!
ResponderEliminarEspectacular!
ResponderEliminarImpresionante! E con moito traballo.
ResponderEliminargustoume moito! Magnífico!
ResponderEliminarson xairo de sexto a iso e increíble nn teño palabras
ResponderEliminarGracias Lucas e Jairo. Alégrome de que vos gustara e de que vos animárades a comentar.
ResponderEliminarHola soy marta garcia la de 4B e digo que me en átono se ni como explucarlo
ResponderEliminarCreo que querías dicir que che encantou e que non sabes como explicalo?
ResponderEliminarCreo que querías dicir que che encantou e non sabes como explicalo? É iso?
ResponderEliminarhola! soy uxía de 3 B, este vidio esta muy bien a mi me gusta
ResponderEliminarAlégrome moito Uxía!
ResponderEliminarCanto gastará en cartulinas e en tempo!
ResponderEliminarE CONPLICADO FACELO ASI E MATES981
ResponderEliminaroooo!! como mola!
ResponderEliminareso debeu de costar traballo
ResponderEliminarXa che digo...
ResponderEliminar