O SCRABBLE. Divertirse aprendendo



Nunca está de máis enriquecer o noso vocabulario, practicar a lectura e mellorar a ortografía. Un xeito moi divertido de facelo, con carácter lúdico e que motiva a relación con outras persoas é o Scrabble.

O Scrabble é un coñecido xogo de mesa no que os xogadores tentan gañar puntos coa construción de palabras. A súa popularidade é tal que se vende en 121 países e en 29 idiomas distintos.





 
Diagrama do taboleiro de Scrabble.      Triple palabra.
     Dobre palabra.      Triple letra.      Dobre letra.








É un taboleiro de 15x15 cuadrículas (algunhas con valores especiais), nas que cada xogador vai colocando as súas fichas. En cada unha desas fichas hai escrita unha letra cun determinado valor numérico que deberá ser sumada para saber a puntuación na xogada. Hai un total de 100 fichas, 98 teñen letras e 2 están en branco e serven de comodíns.

Un exemplo. Imaxinade que alguén fai a palabra "cazo". A "C" vale 3, a "A" vale 1, a "Z" vale 10 e a "O" vale 1, polo tanto, 15 puntos totais. Se algunha das letras está sobre unha cuadrícula vermella, rosa, azul escuro ou azul claro, haberá que facer o que nos indique.

Poden xogar duas, tres ou catro persoas (se se fan grupos, incluso máis).

O mellor de todo é que este xogo é para toda a familia. Por que? Pois porque pode adaptarse tanto a adultos como a nenos, cada un co seu nivel de xogo.

En definitiva, se queredes desfrutar e aprender á vez este é o voso xogo.

Un segredo. O Scrabble ten unha versión barata que é practicamente igual e custa a metade. Falo do Intelect, que ademais ten unha versión junior.






Comentarios

  1. Mira que teño pasado horas xogando...Espero que OS que nunca o probaron se animen.

    ResponderEliminar
  2. Este juego no lo tengo pero mi prima si y mola mucho espero que si alguien o tiene este juego que le den uno y disfrute del juego

    ResponderEliminar
  3. Tamén podemos mencionar versións como o "Apalabrados", ideais para as novas xeracións de "nativos dixitais".

    ResponderEliminar
  4. Iso é Ramón. Divertidísimo xogar en liña...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario