The Voca People é un grupo musical e teatral israelita de fama internacional que combina canto a capela e beatboxing (percusión vocal), sen acompañamento de instrumentos musicais, e que conseguen sons máis propios das orquestras ou grupos musicais que das gorxas humanas.
Caracterízanse como seres orixinarios do planeta Voca (ubicado detrás do Sol), onde a comunicación se basea en expresións vocais e musicais. O seu lema é "A vida é música e a música é vida". Preséntanse con traxe branco, zapatos brancos, guantes brancos, gorro branco e pintura facial branca. Todo branco.
En 2009 lanzaron un dos seus videos a través dunha canle de YouTube e en só catro meses, vírono máis de cinco millóns de persoas.
A verdade é que resulta moi entretido deixarse levar polo que fan estes impresionantes e orixinais artistas.
Que vos guste!
Aos alumnos de 6ºA nos gusta moito este grupo polas súas voces e forma de cantar
ResponderEliminarMolan!
ResponderEliminarFabulosos!
ResponderEliminarGustame por k e impresionante o k fan cas suas bozes
ResponderEliminargustoume moito porque creo que e moi dificil facer o que fan
ResponderEliminarMe gusta moito o vídeo dos voca people.
ResponderEliminarAlégrome de que vos guste tanto.
ResponderEliminarMola todo o que fan ca voca
ResponderEliminarPois gustariame moito ir de vacacions a es planeta
ResponderEliminarencántame vocal people e impresionante
ResponderEliminar