Ola!
"La Ola" é un libro sen palabras, un libro suxerente e moi sinxelo no que unha nena pasa un día na praia. O ser humano en comuñón coa natureza, una rapaza, o mar e as gaivotas.
Unha das cousas que máis chama a atención é esa simplicidade nas ilustracións, empregando só dúas cores, azul e negra. Este aspecto aporta que a atención non se desvíe e se centre no fondo (ollo! coidando moito a forma).
Esta é unha historia que só pode ser contada nun libro xa que cada parte dese libro obxecto inflúe directamente na narración. Para saber ao que me refiro hai que lelo e desfrutalo.
Gañador do primeiro premio (na súa primeira convocatoria) ao mellor libro ilustrado outorgado polo Gremio de Libreiros de Madrid.
FICHA TÉCNICA:
ISBN: 978-84-936185-4-4.
Cartoné.
Tamaño:17 x 30.
Páxinas: 40.
14 €
Precioso!
ResponderEliminar