FIELD OF LIGHT - UN PRADO DE LUCES. Bruce Munro





Ola!

Aquí tedes outro exemplo máis de proxectos fantásticos feitos con luz e enerxía. Trátase do Field of Light un prado con máis de 20000 luces que transforma un campo normal (fermoso por si mesmo, claro) no auténtico país luminoso das marabillas.

O seu creador é Bruce Munro, un excitante artista, moi recoñecido polas súas creacións a grande escala con material lumínico. Aquí creou centos de miles de obxectos incandescentes de fibra óptica e o resultado xa vedes que é sorprendente. Un fermoso prado luminoso con diversos e variados elementos. 



Este impresionante xardín está en Nashville, nos Cheekwood Gardens e conta tamén con outras esculturas de luz, como por exemplo esta Blue Moon (Lúa Azul), creada con esferas acrílicas e aceiro inoxidable.





Igualmente, as Water-Towers (Torres de Auga), aportan un ambiente especial ao xardín con esas corenta columnas de botellas plásticas dun litro de auga que se iluminan cun proxector LED e que dispoñen, tamén, de sistema de son.




E aquí vos deixo un vídeo de Creators Project onde se explica todo acerca desta orixinal idea. Está en inglés, polo que o que entenda... perfecto! E o que non... vai desfrutar igual!

                                       

Comentarios

Publicar un comentario