Ola!
Aquí
tedes outro exemplo máis de proxectos fantásticos feitos con luz e
enerxía. Trátase do Field of Light un prado con máis de 20000 luces que transforma un
campo normal (fermoso por si mesmo, claro) no auténtico país luminoso
das marabillas.
O
seu creador é Bruce Munro, un excitante artista, moi recoñecido polas
súas creacións a grande escala con material lumínico. Aquí creou centos de
miles de obxectos incandescentes de fibra óptica e o resultado xa vedes
que é sorprendente. Un fermoso prado luminoso con diversos e variados elementos.
Este impresionante xardín está en Nashville, nos Cheekwood Gardens e conta tamén con outras esculturas de luz, como por exemplo esta Blue Moon (Lúa Azul), creada con esferas acrílicas e aceiro inoxidable.
Igualmente, as Water-Towers (Torres de Auga), aportan un ambiente especial ao xardín con esas corenta columnas de botellas plásticas dun litro de auga que se iluminan cun proxector LED e que dispoñen, tamén, de sistema de son.
E aquí vos deixo un vídeo de Creators Project onde se explica todo acerca desta orixinal idea. Está en inglés, polo que o que entenda... perfecto! E o que non... vai desfrutar igual!
Ef a verdad e que son súper orixianis
ResponderEliminar😏👌🏻
ResponderEliminar👌🏻
ResponderEliminar