XA CHEGOU O BOLÍGRAFO 3D!





Ola compañeiros/as! Espero e confío que todo vaia ben!

Hoxe quero amosarvos un invento xenial: o bolígrafo 3D. Un obxecto que pode darnos moito xogo á hora de debuxar construíndo. Como o oídes!

Xa sabedes que as tres dimensións principais nas que existimos espacialmente no noso planeta (segundo din a física, a xeometría e a matemática) son a anchura, a lonxitude e a profundidade. É certo que logo hai outras coma o "tempo" (ou outras moito máis complexas) que deixaremos para futuras explicacións. O 3D PEN (que así se chama o invento) céntrase nesas tres básicas (que son as que teñen os obxectos) e así podemos facer que os nosos debuxos e deseños se levanten do papel e parezan cobrar vida.

Este boli máxico ten uns resultados incribles que podedes ver nos seguintes videos, pois a mellor maneira de aprender e ver do que estou a falar é observando.


Aquí tedes unha explicación visual:



E aquí unha fermosa demostración:


Comentarios

  1. Está moi chulo. Seguro que é moi difícil facelos

    ResponderEliminar
  2. Héctor , Claramartes, 12 abril, 2016

    Está moi bonito. Para facer o que fan teñen que ter moita práctica.

    ResponderEliminar
  3. Me encantó. Qué difícil!

    ResponderEliminar
  4. Seguro que practican moito e deixan voar a imaxinación.

    ResponderEliminar
  5. Encantoume EF o que fan e moi difícil necesitan moita practica.

    ResponderEliminar
  6. QUE GUAY!! SEGURO QUE E MOI DIFICIL FACELO OXALA QUE POIDA FACELO

    ResponderEliminar

Publicar un comentario