Ola compañeiros/as! Espero e confío que todo vaia ben!
Hoxe quero amosarvos un invento xenial: o bolígrafo 3D. Un obxecto que pode darnos moito xogo á hora de debuxar construíndo. Como o oídes!
Xa sabedes que as tres dimensións principais nas que existimos espacialmente no noso planeta (segundo din a física, a xeometría e a matemática) son a anchura, a lonxitude e a profundidade. É certo que logo hai outras coma o "tempo" (ou outras moito máis complexas) que deixaremos para futuras explicacións. O 3D PEN (que así se chama o invento) céntrase nesas tres básicas (que son as que teñen os obxectos) e así podemos facer que os nosos debuxos e deseños se levanten do papel e parezan cobrar vida.
Este boli máxico ten uns resultados incribles que podedes ver nos seguintes videos, pois a mellor maneira de aprender e ver do que estou a falar é observando.
Aquí tedes unha explicación visual:
E aquí unha fermosa demostración:
Está moi chulo. Seguro que é moi difícil facelos
ResponderEliminarEstá moi bonito. Para facer o que fan teñen que ter moita práctica.
ResponderEliminarMe gustó mucho EF
ResponderEliminarMe encantó. Qué difícil!
ResponderEliminarSeguro que practican moito e deixan voar a imaxinación.
ResponderEliminarEncantoume EF o que fan e moi difícil necesitan moita practica.
ResponderEliminarQUE GUAY!! SEGURO QUE E MOI DIFICIL FACELO OXALA QUE POIDA FACELO
ResponderEliminarTodo é probar...
ResponderEliminar