DÍA DO LIBRO



 FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe imos divertirnos con eses artiluxios que, cando os abrimos, poden servirnos para moitísimas cousas: os libros

Os libros fannos rir, sorrir, chorar, pensar, lembrar, aprender, imaxinar, sentir, querer, anhelar, facer, comprender, vivir, ser...

Fannos libres e capaces, por iso Fran Alonso fixo este texto tan fermoso para amosarnos que a lectura nos fará rebeldes e que hai xente que non quere que pensemos por nós mesmos; precisamente por iso, por medo a que nos rebelemos.



No colexio para celebrar este día, no que ademais fai tan bo tempo, imos levar algo da biblioteca ao patio para lernos uns aos outros moi comodamente. 

A maiores, estes días haberá visitas ao Salón do Libro de Pontevedra. Manterémosvos informados. E recordade: SEDE REBELDES! LEDE! ;)


Comentarios

  1. Roi Aloa e Manuelluns, 23 abril, 2018

    o texto de Fran Alonso fíxonos pensar e axudounos a entender que debemos ler para que non nos engañen nin nos manipulen

    ResponderEliminar
  2. Encántame que vos derades conta. Sodes uns cracks! Espero que o pasárades moi ben compartindo os libros no patio. O día acompañaba cun soleciño rico, rico.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario