FELIZ DÍA DO LIBRO!
Hoxe imos divertirnos con eses artiluxios que, cando os abrimos, poden servirnos para moitísimas cousas: os libros.
Os libros fannos rir, sorrir, chorar, pensar, lembrar, aprender, imaxinar, sentir, querer, anhelar, facer, comprender, vivir, ser...
Fannos libres e capaces, por iso Fran Alonso fixo este texto tan fermoso para amosarnos que a lectura nos fará rebeldes e que hai xente que non quere que pensemos por nós mesmos; precisamente por iso, por medo a que nos rebelemos.
No colexio para celebrar este día, no que ademais fai tan bo tempo, imos levar algo da biblioteca ao patio para lernos uns aos outros moi comodamente.
A maiores, estes días haberá visitas ao Salón do Libro de Pontevedra. Manterémosvos informados. E recordade: SEDE REBELDES! LEDE! ;)
o texto de Fran Alonso fíxonos pensar e axudounos a entender que debemos ler para que non nos engañen nin nos manipulen
ResponderEliminarEncántame que vos derades conta. Sodes uns cracks! Espero que o pasárades moi ben compartindo os libros no patio. O día acompañaba cun soleciño rico, rico.
ResponderEliminar