VOLTAMOS AO COLE CON CAMBIOS



Benvidos e benvidas ao cole despois das vacacións!

Espero que disfrutárades moito no Nadal e que vos agasallaran con algunha lectura, música, peli ou xogo interesante. A nós, os alces, gústanos pedir cousiñas dese tipo.
  


Aquí na Flavioteca chegamos en xaneiro con sorpresa (seguro que xa a víchedes): estase cambiando o Recanto da Luz💡. 


Aínda queda un pouquiño por facer, pero xa se están vendo resultados. Vinde a coñecelos! 


Hai zona de xogos, recuncho para ler xuntos e cómodos, estantería de libros feitos por nós...







Por certo, Feliz Aninovo! 

E... 



Comentarios

  1. Encantounos como quedou o recanto da luz, moi acolledor. Seguiremos desfrutando nel!
    Nenas e nenos de 5 anos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que vos guste! Aos alces tamén nos encanta como quedou e nos gusta moito saber que o disfrutades. Graciñas por contárnolo. Saudiños!

      Eliminar

Publicar un comentario