Boas!
Como cada curso imos ter unha idea sobre a que traballar dende a Flavioteca. O curso pasado foi a poesía.
Este curso, que comezamos fai pouco máis dunha semana, tiña un tema agochado nas letras que vos daban a benvida ao colexio. A ver se sodes capaces de averigualo. Déixovos a foto desa "B" xigante, que xa é unha boa pista, e outras pistas nestas fotos de aquí abaixo.
Podedes contestar deixando unha mensaxe coa palabra clave que credes que vai ser ese tema central deste 2019-2020.
Por certo, é unha palabra e está en plural. A ver se vos decatades! Sorte!
Bibliotecas
ResponderEliminarGraciñas por enviar a túa idea, Yitayal. Podería ser a resposta, xa o saberás dentro de pouco.
EliminarMulleres
ResponderEliminarGrazas Mara. Pode ser que sexa ese o tema, xa volo direi nuns días.
EliminarMulleres?
ResponderEliminarMoitas grazas, Paula. Pode ser, pode ser... Dentro de pouquiño o saberedes.
EliminarMulleres
EliminarMulleres
EliminarMulleres
EliminarVaia, parece que sodes uns cantos pensando na mesma palabra. Pois si que andades ben encamiñados. O tema vai ser ese: MULLERES. Pensade que xa vimos unha curta sobre unha nena que desexa ser astronauta e a Greta Thumberg defendendo o planeta. E todo o que nos quedará por ver...GRACIÑAS A TODOS POR PARTICIPAR!
EliminarMulleres
ResponderEliminarSi! Mulleres :)
Eliminar