Bo día!
Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A data escollida, o 25 de novembro, é unha homenaxe a tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 na República Dominicana.
As tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) eran coñecidas como "as bolboretas" e loitaban contra a terrible ditadura que sufría o seu país. Cando os militares as mataron o pobo reaccionou e conseguiron acabar coa ditadura.
A Organización de Nacións Unidas designou no ano 1999 esta data como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para concienciar e sensibilizar ao mundo sobre esta lacra que, só en España xa acabou coa vida de máis de 1.000 mulleres dende que hai estatísticas oficiais (dende o 2003).
Neste enlace podedes ver o vídeo que realizaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º: O FLAVIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hola Ef
ResponderEliminarA clase de 2º A di que lle encantou o artigo e mailo vídeo e que lles gusta porque todos e todas somos iguais. Un biquiño para o noso reno favorito, ademáis de Rudolph. Por certo, non o coñecerás?
Moitas grazas! Biquiños tamén para vós. Non teño a sorte de coñecer persoalmente a Rudolph pero estaría encantado de velo. A ver se podemos unha xuntanza no Polo algún día.
Eliminar