APRENDER





Ola!
Hoxe compartimos unha curtametraxe de animación por ordenador producida por Pixar que gañou un Óscar fai varios anos. Chámase Piper e seguro que vos encanta. 
Aínda que os protagonistas sexan aves, no fondo a historia fala de vós. Fala de como crecedes, de como vos superades e de como aprendedes. 
Tamén amosa que os adultos temos moito que aprender de vós, dos que aínda estades medrando. Pero os alces iso xa o sabiamos. 

 

Comentarios

  1. Pero que curta máis chulaaaa!!! Encantounos, moitas grazas Ef
    Unha aperta
    Nuria e Deva

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É moi fermosa,non me extraña que a premiaran. Graciñas a vós por disfrutar do vídeo e compartir a vosa opinión.
      Biquiños de alce para as dúas!

      Eliminar
  2. Gustounos moito a curta a todos.
    Mariña di que o poliño mollado recórdalle á cadela da súa avoa cando se molla. Que mono! A Lucía recordáballe a súa gatiña cando está mollada. E Ángela acordouse dos seus patos.
    Álex di que en cada escena que aparece o poliño dan ganas de abrazalo.
    Grazas Ef por ensinarnos ese vídeo tan bonito!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome moito de que vos gustara. A min tamén me encantou! E tedes razón, o poliño é moi tenro.

      Eliminar
  3. Bo día, Ef!
    Os de quinto A pensamos que non é bo que se meta moito na auga, que pode afogar, ademais os ollos vánselle poñer roxos como tomates. A curta encantounos!
    Busca máis curtas coma esa, por favor!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas!
      Tedes razón, mergullarse moito tempo sen anteollos de natación fai que os ollos piquen. Seguro que Piper xa o comprobou e non anda a mergullarse todo o día.
      Graciñas por comentar. Buscarei máis curtametraxes, xa sabedes que me encantan. Saudiños dos alces!

      Eliminar
  4. Julia e Paula Casal Calvovenres, 25 setembro, 2020

    hola Ef o video de Piper gustounos moito Piper e unha monada moitisimas grazas por compartir este video nesta paxina

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!
      Alégrome de que vos gustara o filme. O parruliño é unha cousa ben linda. Moitas grazas por comentar e estade atentas que haberá máis vídeos e outras cousas interesantes.
      Ata pronto!

      Eliminar

Publicar un comentario