Ola!
Hoxe compartimos unha curtametraxe de animación por ordenador producida por Pixar que gañou un Óscar fai varios anos. Chámase Piper e seguro que vos encanta.
Aínda que os protagonistas sexan aves, no fondo a historia fala de vós. Fala de como crecedes, de como vos superades e de como aprendedes.
Tamén amosa que os adultos temos moito que aprender de vós, dos que aínda estades medrando. Pero os alces iso xa o sabiamos.
Pero que curta máis chulaaaa!!! Encantounos, moitas grazas Ef
ResponderEliminarUnha aperta
Nuria e Deva
É moi fermosa,non me extraña que a premiaran. Graciñas a vós por disfrutar do vídeo e compartir a vosa opinión.
EliminarBiquiños de alce para as dúas!
Gustounos moito a curta a todos.
ResponderEliminarMariña di que o poliño mollado recórdalle á cadela da súa avoa cando se molla. Que mono! A Lucía recordáballe a súa gatiña cando está mollada. E Ángela acordouse dos seus patos.
Álex di que en cada escena que aparece o poliño dan ganas de abrazalo.
Grazas Ef por ensinarnos ese vídeo tan bonito!
Alégrome moito de que vos gustara. A min tamén me encantou! E tedes razón, o poliño é moi tenro.
EliminarGRAZAS EF
ResponderEliminarDe nada :)
EliminarBo día, Ef!
ResponderEliminarOs de quinto A pensamos que non é bo que se meta moito na auga, que pode afogar, ademais os ollos vánselle poñer roxos como tomates. A curta encantounos!
Busca máis curtas coma esa, por favor!
Boas!
EliminarTedes razón, mergullarse moito tempo sen anteollos de natación fai que os ollos piquen. Seguro que Piper xa o comprobou e non anda a mergullarse todo o día.
Graciñas por comentar. Buscarei máis curtametraxes, xa sabedes que me encantan. Saudiños dos alces!
hola Ef o video de Piper gustounos moito Piper e unha monada moitisimas grazas por compartir este video nesta paxina
ResponderEliminarOla!
EliminarAlégrome de que vos gustara o filme. O parruliño é unha cousa ben linda. Moitas grazas por comentar e estade atentas que haberá máis vídeos e outras cousas interesantes.
Ata pronto!