Ola! 👋
Por fin podemos vernos e saudarnos, pero, como xa sabedes, temos que manter unha distancia e levar máscara para protexernos do coronavirus.
Por iso, este curso queremos propoñer unhas cantas formas de saudarnos que sexan orixinais e saudables. Podedes velas no panel da entrada:

Hai saúdos que precisan que usemos as mans:

Ocórrensevos outras maneiras de saudar? Cales son as que máis vos gustan? Podedes deixar as vosas respostas aquí abaixo👇(nos comentarios).
Saudiños de alce!
Ola, Ef. Que tal estás? Nós estamos xenial. Que tal levas o tema do coranavirus?
ResponderEliminarOs saúdos que máis nos gustan son o rockeiro, o vulcaniano, o das pistolas, o militar e o hippie. Pensamos uns cantos saúdos distintos, como o saúdo imaxinario, que é facer que vas chocar a man, pero non a chocas. Mateo pensou en colocar os dedos dunha forma moi difícil. Temos que aprender a facela.
Saudiños de humanos!
Ola! Eu estou moi ben, graciñas. Alégrome moito de que vós tamén esteades ben.
EliminarO do coronavirus é un fastidio, pero haberá que acostumarse ás medidas de prevención mentras que non remate a pandemia. Coidádevos moito e facédelle caso aos maiores, que, aínda que ás veces parezan algo pesados, só queren que non vos contaxiedes.
Por certo, molan esas novas formas de saudar que investastes!
Saúdos de todos os alces!
ola Ef!
ResponderEliminarGracias por amosarnos distintas formas de saudar. As que máis nos gustaron foron o carozón, o hippie, a pistola e o vulcaniano.Por certo, temos que recordarlles aos personaxes das ilustracións que poñan máscara
Saúdos de 4ºB
Ola! Si, é certo, non todos levan máscara e agora son obligatorias (menos mal que son personaxes de papel e non poden contaxiar).
EliminarCoidádevos moito e facede caso do que vos digan os maiores, aínda que seguro que xa o estades facendo moi ben.
Os alces mándanvos saúdos saudables a todos!
Ola Ef
ResponderEliminarEn 5ºB votamos o noso saúdo favorito e saeu de 1º o amor infinito e de segundo dedos pistola, tamén nos encanta o vulcaniano. Ademáis Jesús coñece un saúdo moi chulo da peli Black Panther.
Biquiños!!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar