SAÚDOS RAROS



Ola! 👋

Por fin podemos vernos e saudarnos, pero, como xa sabedes, temos que manter unha distancia e levar máscara para protexernos do coronavirus. 

Por iso, este curso queremos propoñer unhas cantas formas de saudarnos que sexan orixinais e saudables. Podedes velas no panel da entrada:



Hai saúdos que precisan que usemos as mans:







Con outros temos que empregar outras partes do corpo:





Tamén chega con que nos miremos, ademais ata podemos chiscar un ollo:



Ocórrensevos outras maneiras de saudar? Cales son as que máis vos gustan? Podedes deixar as vosas respostas aquí abaixo👇(nos comentarios).

Saudiños de alce!


Comentarios

  1. Ola, Ef. Que tal estás? Nós estamos xenial. Que tal levas o tema do coranavirus?
    Os saúdos que máis nos gustan son o rockeiro, o vulcaniano, o das pistolas, o militar e o hippie. Pensamos uns cantos saúdos distintos, como o saúdo imaxinario, que é facer que vas chocar a man, pero non a chocas. Mateo pensou en colocar os dedos dunha forma moi difícil. Temos que aprender a facela.
    Saudiños de humanos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Eu estou moi ben, graciñas. Alégrome moito de que vós tamén esteades ben.
      O do coronavirus é un fastidio, pero haberá que acostumarse ás medidas de prevención mentras que non remate a pandemia. Coidádevos moito e facédelle caso aos maiores, que, aínda que ás veces parezan algo pesados, só queren que non vos contaxiedes.
      Por certo, molan esas novas formas de saudar que investastes!
      Saúdos de todos os alces!

      Eliminar
  2. ola Ef!
    Gracias por amosarnos distintas formas de saudar. As que máis nos gustaron foron o carozón, o hippie, a pistola e o vulcaniano.Por certo, temos que recordarlles aos personaxes das ilustracións que poñan máscara
    Saúdos de 4ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Si, é certo, non todos levan máscara e agora son obligatorias (menos mal que son personaxes de papel e non poden contaxiar).
      Coidádevos moito e facede caso do que vos digan os maiores, aínda que seguro que xa o estades facendo moi ben.
      Os alces mándanvos saúdos saudables a todos!

      Eliminar
  3. Ola Ef
    En 5ºB votamos o noso saúdo favorito e saeu de 1º o amor infinito e de segundo dedos pistola, tamén nos encanta o vulcaniano. Ademáis Jesús coñece un saúdo moi chulo da peli Black Panther.
    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario