O QUE PASOU O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

No Día das Bibliotecas, o pasado venres 24, houbo moito movemento polo colexio. O alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria recibiu a visita dunha bruxa moi especial que se chamaba Maruxa. 
 

A bruxa contoulles unha historia que temos aquí na Flavioteca para que poidades ler. Está escrita por Julia Donaldson e chámase Queda sitio na vasoira? 
 
 
Pero ese día, na hora de ler, tamén houbo unha chea de visitas polas aulas, xa que os axudantes de Ef foron cargadiños coas mochilas viaxeiras. 
 
 

 

Comentarios

  1. Que ben o pasamos no contacontos!! Estivo xenial. E neste curso hai un montón de ayudantes! Ef tes que estar encantado...

    ResponderEliminar
  2. Estou feliz, claro que si! Hai unha chea de axudantes! :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario